PROGRAMA
Medidas transversais

Revisar as licencias concedidas nos últimos anos:
Crear unha comisión para revisar as licenzas de actividades concedidas nos últimos anos co obxectivo de detectar as malas prácticas, actuar en caso de atopar indicios delituosos, proceder á retirada de licenzas nos casos fraudulentos e mellorar os mecanismos para evitar malas prácticas no futuro.
Remunicipalizar os servizos externalizados:
Consideramos que queda máis que acreditado que os servizos externalizados do municipio son de peor calidade e mais custosos. Só benefician a un pequeno grupo de empresarios e prexudican ao cidadán.
Pola contra, propoñemos recuperar de forma ordenada e legal todos os servizos posibles, para xestionalos directamente dende o Concello, controlando así e mellorando as condicións laborais do persoal que os presta, así como logrando unha mellora na calidade e unha xestión máis eficiente do gasto público.
Propoñemos recuperar de forma ordenada e legal todos os servizos posibles, para xestionalos directamente dende o Concello, controlando así e mellorando as condicións laborais do persoal que os presta, así como logrando unha mellora na calidade e unha xestión máis eficiente do gasto público
Apostar polas enerxías verdes, a sustentabilidade e a transición ecolóxica:
Apostamos por incorporar a loita contra o cambio climático en todas as nosas políticas, incidindo na necesaria redución de residuos, na perspectiva da sustentabilidade e na mitigación da pegada ecolóxica das actuacións municipais.
Fomentaremos o autoconsumo enerxético e os traballos verdes, especialmente no sector primario.
Fomentar un cambio de modelo produtivo, cara ao cooperativo e social:
- Promoveremos a economía en circuítos curtos, incentivando o consumo de proximidade e responsable.
- Apoiaremos ás pequenas empresas e aos circuítos sociais e cooperativos, cunha economía que non se base na precariedade do sector servizos ou no turismo de baixos salarios.
- Daremos prioridade á contratación de empresas de economía social e cooperativa, especialmente no ámbito dos coidados. Tanto a nivel local como autonómico, defenderemos programas de apoio á pequena e mediana empresa e aos autónomos e de consolidación do pequeno comercio.
- Estableceremos mecanismos para que nas licitacións públicas existan criterios de discriminación positiva para as pequenas empresas e para que os pregos de condicións dean vantaxe ás empresas que propoñan criterios ecolóxicos e que fomenten a cantidade e a calidade do emprego involucrado.
Apostaremos pola reconversión ecolóxica e social da construción e do turismo, non só para reverter o nefasto modelo de desenvolvemento urbanístico e de turismo de masas, senón para xerar emprego a través desta reconversión.
Apostaremos pola reconversión ecolóxica e social da construción e do turismo, non só para reverter o nefasto modelo de desenvolvemento urbanístico e de turismo de masas, senón para xerar emprego a través desta reconversión
Impulsar o transporte público con prezos para todos:
Co obxectivo de apostar de pleno polo uso do transporte público, avogaremos por un sistema de tarifa plana para a utilización do mesmo, ao tempo que levaremos adiante unha optimización e revisaremos a concesión para, se procede, remunicipalizar o servizo.