PROGRAMA
Unha cidade de/con futuro

O obxectivo último da nosa actuación é a construción dunha cidade con futuro, equitativa e inclusiva, onde todas as persoas poidan vivir dignamente e onde absolutamente todas as voces conten. Un Ourense onde todas se sintan protagonistas, un fito imprescindible para que a cidadanía se implique con ilusión na vida política, poñendo fin dunha vez por todas ao estado de resignación ao que sucesivos gobernos teñen circunscrito aos ourensáns.
O obxectivo último da nosa actuación é a construción dunha cidade con futuro, equitativa e inclusiva, onde todas as persoas poidan vivir dignamente e onde absolutamente todas as voces conten
O noso é un proxecto de fondo, destinado a poñer fin coa longa noite de pedra de aqueles que non dubidan en presentarnos a Ourense coma unha sorte de pobo grande lastrado por mil e unha desvantaxes, imposibilitado no seu porvir, e no que os nosos gobernantes non poden senón limitarse a paliar a agonía dunha morte anunciada.