CANDIDATURA
Victoria María Álvarez Docabo, nº 4 da lista electoral ao Concello de Ourense

18:29 18/05/19
Nada en Ourense hai 28 anos, Vicky Álvarez leva por bandeira o compromiso coa cultura, un campo co que participou, dende moi nova, en asociacións centradas, sobre todo, no eido do desenvolvemento teatral da cidade.
A nivel político, milita de xeito activo en Podemos Ourense dende o ano 2016, e integra nesta ocasión a candidatura da formación para as eleccións municipais do próximo 26 de maio, coa ilusión de que o cambio chegue de vez a Ourense.
No seu ideario está o erradicar por completo as políticas discriminatorias na cidade e apostar por una xestión para todos, con actuacións xustas e dignas que non deixen a ninguén atrás e que eviten que se siga afondando nunha desigualdade aínda maior.